Arquivo da categoría: programación

Programación para o curso que vén

… para o curso que vén ou que se nos bota enriba…

Estou comezando a redactar o novo programa e plano de traballo do curso próximo para as dúas materias de grao das que me ocuparei. Empecei pola de segundo e creo que vai ser a que máis traballo me dea. A reducción no número de horas de docencia presencial é moi importante (de 120 horas pasa a 49) e isto supón ter que deseñar moi ben as actividades non presenciais, medir correctamente os tempos, organizar o tempo de clase presencial para que cunda… e procurando manter o interese dos alumnos.

Teño o firme propósito de facelo seguindo os consellos dos dous cursos e do taller que acabo de facer sobre o deseño de materias e actividades para o EEES. De momento xórdenme dúbidas a cada paso, pero vounas solucionando coa axuda dos apuntamentos e dos textos que nos deron Albert, Marcelo, Lourdes (curso Deseño de actividades asíncronas), Miguel e Francisco (curso Adaptación de materias ao EEES e Taller de Avaliación de competencias transversais).

Dame a impresión de que vou ter dificultades para manter o ritmo de traballo e o fluxo de actividades. Se cadra é por tódolos anos que levo dirixindo absolutamente tódolos aspectos da docencia, pero o caso é que agora semella que a materia se me pode ir das mans en calquera momento… dá un poco de vertixe… Pero insistirei.

Advertisements